CRTVG

Buscar

O falso médico Coté propón un acordo para evitar o xuízo

Publicado o 17/12/2020 21:48

O falso médico de Ferrol Coté propón un acordo para evitar ser xulgado

Este xoves estaba previsto que José Manuel López, o falso médico de Ferrol coñecido como Coté, declarase polos presuntos delitos de estafa, branqueo, intrusismo e homicidido imprudente así como por causarlles, presuntamente, graves doenzas a máis dun cento de vítimas. Pero todo quedou no aire cando a defensa do acusado presentou a posibilidade dun acordo de conformidade despois de que a xuíza rexeitara practicamente todas as súas alegacións.

A petición das vítimas finalmente a xuíza suspendía a vista e daba un prazo de 24 horas ata este venres para que as partes poidan valorar ese posible acordo.

Para que o xuízo non se celebre, 13 acusacións e 2 defensas deberán poñerse de acordo. Se hai trato, o falso médico e a súa muller evitarían sentar no banco dos acusados. Para el a Fiscalía pide unha condena de 338 anos de cárcere.

Noticias web

17/12/2020