CRTVG

Buscar

A morte dunha anciá de 94 anos eleva a 2.376 os falecidos pola pandemia en Galicia

Publicado o 20/04/2021 20:42
A morte dunha anciá de 94 anos eleva a 2.376 os falecidos pola pandemia en Galicia

As autoridades sanitarias comunicaron este martes un novo falecemento, que eleva a 2.376 as vítimas mortais vinculadas coa pandemia en Galicia.

O deceso é o dunha muller de 94 anos, que perdía a vida no CHOP.

Segundo informa o Servizo Galego de Saúde, sufría patoloxías previas.