CRTVG

Buscar

O falecemento dun home por coronavirus eleva a cifra total de mortos a 2.393 en Galicia

Publicado o 06/05/2021 20:10
O falecemento dun home por coronavirus eleva a cifra total de mortos a 2.393 en Galicia

Saúde Pública acaba de notificar o pasamento dun home de 78 anos que fora diagnosticado por coronavirus. O varón faleceu na xornada de onte no HULA e presentaba patoloxías previas.

Con el, xa son 2.393 as persoas falecidas desde o inicio da pandemia en Galicia.