CRTVG

Buscar

O exército vacinará con Pfizer aos xogadores da selección

Publicado o 10/06/2021 13:33

Diego Llorente deu negativo nos tests e agarda volver canto antes aos adestramentos

As Forzas Armadas vacinarán este venres aos futbolistas internacionais da Selección Española convocados para a Eurocopa.

Vacina Pfizer para todos, aínda que Luis Enrique non ten confirmación.

Mañá, en principio, serán vacinados por sanitarios militares os compoñentes da selección que disputarán a Eurocopa.

A vacina Pfizer ten dúas doses. A segunda poñeríana tres semanas máis tarde. Cos riscos que ten. Posibles reaccións ao tratamento. Imaxinen unha reacción negativa dous días antes dunha semifinal de Eurocopa?

O seleccionador non dispón de todas as garantías de que vaian ser vacinados.

Diego Llorente volverá aos adestramentos unha vez presente dous novos test PCR negativos, segundo explicou Luis Enrique en conferencia de prensa

Noticias web

10/06/2021