CRTVG

Buscar

O Exército español modernízase con novos vehículos galegos

Publicado o 15/06/2020 14:46

O Exército español vaise mordernizar con vehículos galegos. O grupo Urovesa, situado en Valga, acaba de pechar un acordo para fabricar máis de setecentos todoterreos da serie Vamtac. O contrato, de case 150 millóns de euros, garante o traballo na fatoría, como mínimo, para os próximos catro anos.

O Vamtac é un vehículo de alta mobilidade táctica. O produto máis internacional dos que saen da factoría que ten Urovesa en Valga. O Ministerio de Defensa acaba de encargarlle máis de 600 unidadees.

O conselleiro delegado do Grupo explicou que son de "vinte variantes diferentes, que fundamente obedecen a tres grandes tipos de vehículos. Os non blindados, os vehículos altamente blindados e os que, ademais de seren blindados, poden facer vadeo profundo, entrar na auga, que son fundamentalmente destinados á Armada".

Comezará coa produción a finais de ano, cando remate este outro encargo do Exército de Portugal, e os vehículos que fabrica para o sueste asiático e medio Oriente. Producir a medida é un dos éxitos de Urovesa. 

"É útil en función do que se lle pode cargar ou levar enriba. Sexa un equipo de comunicación, sexa un sistema de mísil. Iso é o que lles dá utilidade aos vehículos", cóntanos Justo Sierra.

O contrato do Exército garante o emprego nesta factoría de Valga durante un mínimo de catro anos. Son máis de setecentos postos de traballo, directos e indirectos, que non só se dedican ao mercado militar. De aquí saen, por exemplo, motobombas contraindencios, vehículos de reparación ferroviaria ou camións especiais para a recollida de lixo nas zonas históricas das cidades.


 

Noticias web

15/06/2020