CRTVG

Buscar

Os axentes sociais discrepan sobre o impacto da suba do salario mímino

Publicado o 07/09/2021 15:27

Traballo mantén conversas informais cos axentes sociais para buscar ese consenso que onte non se logrou na reunión. Pero as posicións mantéñense. O Goberno propón unha suba de entre 12 e 19 euros este ano. "O compromiso do presidente é o incremento do salario mínimo, e queremos facelo dentro do diálogo social", afirmou Isabel Rodríguez, voceira do Goberno.

Os sindicatos piden unha suba maior, e falan dos efectos positivos na economía. "Nós situamos a suba entre 25 e 30 euros", di Pepe Alvárez, secretario xeral da UXT. "Son salarios que van a consumo, moven a actividade económica e crean emprego", cre Unai Sordo, secretario xeral de CCOO.

A patronal discrepa, e apunta que non é o momento. "Non dicimos que non se suba, senón que non agora, non é o momento", asegura Antonio Garamendi, presidente da CEOE.

O PP pide escoitar os empresarios, e defende que o prioritario é a política económica. "O problema é a política económica deste Goberno, e se os que crean emprego din que o dificulta vai ser difícil baixar a taxas de paro", mantén José Luis Martínez-Almeida, voceiro nacional do PP.

Yolanda Díaz afronta unha negociación complicada, que tamén ten un escollo no Executivo. A vicepresidenta económica atrasa a suba a outubro.

Noticias web

07/09/2021