CRTVG

Buscar

O ex-conselleiro Agustín Hernández presidirá o Consello Económico e Social

Publicado o 02/09/2019 15:25

O ex-conselleiro e ex-alcalde compostelán Agustín Hernández será, segundo apuntan varios medios, proposto para presidir o Consello Económico e Social (CES).

Este posto deixouno vacante Corina Porro, a quen o xefe do Executivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo, lle encomendou a delegación da Xunta en Vigo pouco tempo despois de poñerse á fronte da xestora da agrupación local do PP na cidade olívica.

"É unha persoa que ten unha capacidade de traballo excepcional, que amais coñece moi ben a relidade económica e social de Galicia e a Administración galega. E ten desempeñado importantes funcións na administración local e autonómica de Galicia",  Pedro Puy, voceiro parlamentario do PPdeG.