CRTVG

Buscar

O ex-xefe de campaña de Trump, condenado a case catro anos por fraude

Publicado o 08/03/2019 12:26

Paul Manafort, o que fora xefe de campaña do agora presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, foi condenado a tres anos e once meses de cárcere polos oito delitos de fraude dos que foi declarado culpable en agosto pasado. A condena de Manafort non ten relación coas actividades que desenvolveu como colaborador de Trump, aínda que é produto da investigación sobre a trama rusa que dirixe o fiscal especial Robert Muller.
Manafort, de 69 anos, ten pendente outro proceso, este si vencellado á suposta inxerencia de Moscova nas eleccións presidencias estadounidenses, por mentir aos fiscais depois de chegar a un acordo de colaboración con eles para recibir unha condena reducida.

Noticias web

08/03/2019