CRTVG

Buscar

Zapatero asegura que "nos vai levar anos" recuperar a convivencia en Cataluña

Publicado o 23/11/2019 18:50

Rodríguez Zapatero asegurou nunha entrevista á axencia EFE que "vai levar anos recuperar a convivencia en Cataluña" e cualificou de moi mala a última década nesa comunidade. O ex-presidente do Goberno amosouse partidario do apoio ou abstención de ERC ante un goberno de PSOE e Unidas Podemos e afirmou que iso sería "un paso positivo" para "comezar un diálogo, moi necesario":

"Nada comeza nin nada vai rematar o día que ogallá dea a investidura (referíndose a ERC), senón que o que faremos moi probablemente é dar un paso positivo para ese diálogo que eu defendo e que é tan necesario... que vai tardar tempo, que nos vai levar moito tempo, seguramente anos, espero que non moitos, pero anos para recuperar os últimos dez anos que foron moi malos en Cataluña, moi malos"

Noticias web

23/11/2019