O ex-presidente do Brasil Michel Temer entrégase á policía
Publicado o 10/05/2019 09:12
O ex-presidente do Brasil Miche Temer entregouse voluntariamente á policía despois de que un tribunal ordenase o seu reingreso na cadea.
Temer está acusado de suborno e de desvío de fondos públicos. O ex-presidente xa fora arrestado o pasado mes de marzo, pero despois de catro días en prision quedara libre.
Hai dous días, o tribunal rexional de São Paulo ordenara o seu reingreso en prisión.