CRTVG

Buscar

O exministro italiano Salvini irá a xuízo por secuestro de persoas no caso Open Arms

Publicado o 17/04/2021 20:18

O líder da ultradereitista Liga, Matteo Salvini, terá que ir a xuízo en Italia a mediados de setembro polo suposto delito de secuestro de persoas no caso Open Arms.

Decidiuno o xuíz do Tribunal de Palermo. Os feitos remóntanse a agosto de 2019, cando Salvini deixara bloqueados no mar, durante máis de 20 días, uns 150 migrantes rescatados pola organización. Tivo que ser a Fiscalía quen finalmente autorizara o desembarco en Lampedusa dos migrantes que aínda quedaban a bordo.

Salvini asegurou a través das súas redes sociais que irá coa cabeza ben alta ao xuízo, porque o que fixo foi defender o seu país. Desde Open Arms celebraron a noticia asegurando que é importante volver priorizar os principios democráticos.

Noticias web

17/04/2021