O Euromillón deixa un millón de euros en Mos
Publicado o 06/08/2020 14:38
Se vostede selou catro boletos de dous euros e medio para o sorteo do Euromillón do martes en Mos, saiba que un deses boletos vale un millón de euros.
Os boletos seláronse nunha cafetería-panadería que ten punto de venda de loterías e que está situada a escasos metros do aeroporto de Peinador.
Foron moitas as persoas que se achegaron á cafetería para saber se son os afortunados, pero do gañador non se sabe nada.
Os propietarios amosan a súa ledicia por entregar este premio, que é o máis importante que deron.