CRTVG

Buscar

O Euromillón deixa premio no Carballiño

Publicado o 16/10/2019 14:42

A sorte fixo hoxe parada no Carballiño. O sorteo do Euromillón deixou na localidade un millón de euros. O boleto gañador selouse neste bar do centro moi frecuentado polos veciños, é un dos máis antigos da localidade.

Un bar con moito movemento porque está ao carón do colexio e da praza de abastos, así que o agraciado ou agraciada, en principio, segundo aseguran os donos, podería ser veciño do Carballiño. Acertou o código do millón.

A noticia correu como a pólvora por todo o municipio e foron moitos os que se achegaban esta mañá ao establecemento para probar sorte para vindeiras ocasións.

Noticias web

16/10/2019