O Etna volve entrar en erupción cunha enorme cantidade de vapor e cinzas
O Etna entrou outra vez en erupción nas últimas horas arroxando unha grande cantidade de vapor e de cinzas. O volcán siciliano é o máis activo de Europa e as súas erupcións son frecuentes, aínda que non adoita causar danos non pon en risco á poboación local.
A última grande erupción produciuse en 1992.
Este sábado é visible unha enorme columna de vapor e de cinzas que se elevou con estrondo no aire desde o cumio do monte Etna en Sicilia. O ceo escureceuse ao eclipsar o po a luz do Sol e moitos veciños da zona achegáronse para facer fotos ou tan só para admirar o espectáculo que deixa o volcán.
O Etna espertou de novo o pasado 16 de febreiro e desde aquela entrou en erupción mais de 50 veces este ano, pero non está a provocar danos na illa mediterránea.