CRTVG

Buscar

O Etna volve entra en erupción

Publicado o 17/02/2021 14:48

A cidade italiana de Catania, en Sicilia, amencía este mércores baixo unha nube laranxa e gris moi densa.

O volcán Etna entrou novamente en erupción, deixando unha impresionante estampa de fume e cinza visible en toda a illa.

A borralla cobre as localidades próximas, aínda que, polo momento, non hai perigo para a poboación.

Iso si, o aeroporto de Catania tivo que pechar polos problemas de visibilidade.

Noticias web

17/02/2021