CRTVG

Buscar

O covidBens detecta cinco variantes do coronavirus nas augas residuais da Coruña

Publicado o 15/05/2021 19:11

O estudo realizado na depuradora de augas de Bens na Coruña, covidBens, localizou mutacións das variantes española, peruana, sudafricana e brasileira en baixa frecuencia.

A predominante segue a ser a británica. Así ata cinco variantes do SARS-Cov 2 conviven na actualidade na área metropolitana da Coruña. Son os resultados extraídos do proxecto que demostra a súa fiabilidade para secuenciar con ata un mes de antelación as distintas variantes debidas á mutación do virus.

Consolida o estudo como unha ferramenta eficaz de alerta temperá. Así a depuradora Edar Bens de augas residuais funciona como sentinela da evolución da pandemia nas últimas semanas.

Tamén detectáronse trazas de mutacións compatibles coas variantes india, californiana e neoiorquina, pero compartidas coas outras variantes, por iso non se pode afirmar que existan ditas variantes, senón que se deba á existencia das demais.

 

Noticias web

15/05/2021