CRTVG

Buscar

O estudante coruñés atropelado en Romanía será soterrado este venres en Arteixo

Publicado o 07/10/2021 14:36

Hoxe está previsto que sexa repatriado o corpo sen vida de Adrián, o estudante Erasmus da Universidade da Coruña, atropelado o mércores pasado en Romanía. A capela ardente será previsiblemente instalada no tanatorio de Arteixo, e o enterro será o venres no cemiterio de Morás.

Adrián García era estudante na Facultade de Educación, onde a noticia da súa morte causou unha gran consternación. O luns, compañeiros e mestres gardaron un minuto de silencio no seu recordo.

Noticias web

07/10/2021