CRTVG

Buscar

O estaleiro vigués Metalships entrega o segundo transatlántico a vela máis grande do mundo

Publicado o 30/04/2021 16:40

O estaleiro vigués Metalships, do Grupo Rodman, entregou esta mañá o veleiro transatlántico que construíu para unha armadora alemá. É o segundo maior barco do mundo destas características. Ten capacidade para 138 pasaxeiros e destinarase para viaxes de luxo. É unha goleta de tres mastros con velas xigantescas. Con cinco cubertas, é o primeiro veleiro que leva dentro un ascensor. Representa un turismo respectuoso co ambiente e consolida a Rodman como líder mundial na construción naval.