O espírito do Nadal percorre o mundo nun ano funesto
Publicado o 24/12/2020 15:46
Nos bosques de Finlandia Papá Noel iniciou a súa única xornada de traballo nesta esperada noite.
Levará mudanzas aos Estados Unidos. A Casa Branca cambia de inquilino.
Outras mudanzas quere este artista brasileiro.
Cantar por non chorar, unha música apropiada para os laios dun mariachi.
En Chile hai quen celebra o Nadal protestando para recuperar o tempo perdido na pandemia.
A prensa británica muda o Merry Chrismas polo Merry Brextmas, saudando o brexit.
Mais no Nadal sempre hai un lugar para a esperanza.
Porque vai ser o Nadal da Covid mesmo onde se fraguou toda esta historia hai 2021 anos. Desinfectan a basílica da Natividade, un signo dos tempos que vivimos.