CRTVG

Buscar

O espazo cultural de San Martiño Pinario volve a abrir as súas portas en Santiago

Publicado o 30/07/2021 16:02

Mosteiro e seminario maior, unha xoia no corazón de Santiago, San Martiño Pinario é tamén un espazo cultural que abre as súas portas ao público despois de dezaseis meses pechado pola pandemia.

O vindeiro venres o Ensemble Vocal do Nordés acompañado polo organista Manuel Alejandre ofrecerá o concerto de reapertura. Música sacra, folk, jazz, opera e exposicións súmanse ao valioso patrimonio que se garda, por exemplo, na sancristía do templo e o resto de espazos museísticos.

Abrirá todos os días, mañá e tarde. Os primeiros martes de cada mes a entrada será de balde, por tratarse dun ben de interese cultural.

Por iso, este martes teñen a primeira visita dende o marzo do 2020 os anciáns e traballadores da dunha residencia de Carballo, unha oportunidade para admirar o que foi o mosteiro máis rico e poderoso do Reino de Galicia.

Noticias web

30/07/2021