CRTVG

Buscar

O escultor Manuel Buciños recolle o Premio Trasalba 2020, adiado pola covid

Publicado o 24/04/2021 20:35

O escultor Manuel Buciños recibiu esta tarde o Premio Trasalba 2020 da Fundación Otero Pedrayo. O galardón, cuxa entrega foi adiada ata o de agora pola covid, distingue o labor do artista na súa defensa e difusión da lingua e cultura galegas. O acto desenvolveuse en Amoeiro. Nel participaron o presidente do Parlamento galego, o conselleiro de Cultura o reelixido hoxe presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes e representantes de diferentes institucións e entidades do panorama cultural galego.
 

Noticias web

24/04/2021