CRTVG

Buscar

O escritor Alberto Manguel doa 40.000 libros á cidade de Lisboa

Publicado o 08/09/2020 21:37

Coñecemos grandes coleccións privadas como a do deseñador Karl Lagerfeld que ten 300.000 libros na súa biblioteca pero non se coñecen doazóns desinteresadas tan grandes coma esta que fai o escritor Alberto Manguel. O autor da Cidade das palabras virá vivir a Portugal en breve e fixo hoxe este anuncio. O Concello de Lisboa xa comunicou que semellante colección vai ser acollida nun edificio novo: o Centro de Estudos de Historia da Lectura.

Un espazo que xa se perfila como unha nova atracción turística cos libros como protagonista como xa o é dende hai anos esta libraría Lello no Porto, que aínda que hai uns meses a escritora de Harry Potter dixo que nunca entrara nela, como levabamos anos pensando, o espazo segue sendo un dos puntos turístico quentes da capital do norte de Portugal.
 

Noticias web

08/09/2020