CRTVG

Buscar

O Escape Way propón unha xincana para os peregrinos en Sarria e Palas de Rei

Publicado o 17/08/2021 20:37

Concello de palas de Rei foi o primeiro en Galicia en crear un escape room ao aire libre: The Escape Way, un xogo interactivo co que sorprender os peregrinos.

Quen queira participar, o primeiro que ten que facer é descargar o código QR para acceder á aplicación de The Escape Way. Así ábrese un xogo interactivo que axuda a coñecer mellor as vilas que participan.

Bea, Eva, Berta e Lucía comezaron antonte o Camiño e, con moito agrado, participan nesta iniciativa. En Galicia, ademais de en Palas de Rei, tamén o hai en Sarria. Na actualidade, no Camiño Francés, pódese participar nesta proposta de turismo dinámico en 18 vilas, empezando polos Arcos.

Noticias web

17/08/2021