CRTVG

Buscar

O ere de Nissan para as plantas de Barcelona xa é oficial e afectará 2.525 traballadores

Publicado o 01/07/2020 15:55
O ere de Nissan para as plantas de Barcelona xa é oficial e afectará 2.525 traballadores

Xa é oficial o expediente de regulación de emprego de Nissan para as fábricas que a compañía ten en Barcelona.

A multinacional xaponesa despedirá 2.525 traballadores, algo menos dos 3.000 que se especulaban inicialmente.

Finalmente, a empresa decidiu manter a fábrica de recambios do Prat, onde traballan 100 persoas, e deixar fóra do ERE 400 traballadores do centro de I+D e da área de compras.

Dende a Consellería de Traballo da Generalitat lamentaron que se consumara o ere.

Noticias web

01/07/2020