CRTVG

Buscar

O equipo do 'Dígocho eu' sorprende os alumnos do IES As Mariñas

Publicado o 11/03/2021 16:33

Os alumnos do instituto As Mariñas de Betanzos propuxéronse un reto, falar o galego as 24 horas durante 21 días. Para darlles o empurrón definitivo hoxe tiveron unha visita sorpresa, a do equipo do Digocho eu, da TVG. 

Agardábana en teleconferencia, pero apareceu en persoa. Presentáronse por sorpresa no instituto para animalos a que, unha vez rematen o reto dos 21 días falando galego, non abandonen o idioma. 

Esther, que acumula milleiros de seguidores nas redes, anímaos a perder do medo. Aínda que metan a zoca ao principio, o importante é darlle uso e soltarse. Descobren o idioma sacando a lingua nas aulas, na casa e tamén nas redes sociais onde, seguro, acumularán hoxe un feixe de 'gústame'.

 

Noticias web

11/03/2021