CRTVG

Buscar

O equipo de K4 500 proba a nova embarcación

Publicado o 19/04/2021 21:18

Esquecida xa a lea para formar o equipo, os compoñentes do K4 que irá a Toquio, proban estes días a nova embarcación coa que loitarán polo ouro olímpico. Os galegos Carlos Arévalo e Rodrigo Germade, xunto a Saúl Craviotto e Marcus Walz adéstranse en Portugal co novo kaiak. A anterior embarcación quedou inservible logo dun accidente de tráfico. Así que, aínda que o deseño do casco se mantén igual, aproveitaron o novo prototipo para introducir cambios nos asentos e nos repousapés, co fin de gañar en comodidade e escorregada. Os padexeiros xa notan as melloras.

Noticias web

19/04/2021