CRTVG

Buscar

O Ensino xogará en Europa por primeira vez na súa historia

Publicado o 01/06/2021 12:55

O baloncesto galego volve a Europa coa participación do Durán Maquinaria Ensino na Eurocup.

Confirmouno o seu presidente, Manuel Durán: "Presentamos a solicitude á Federación para participar na Eurocup". "Imos intentar reunir os recursos para intentar competir o ano que ven nesa categoría".

O título logrado polo Valencia da galega Raquel Carrera nesta competición leva o equipo levantino á Euroliga.

A praza que quedaba libre é para o conxunto lucense. Durán Maquinaria Ensino xogou as últimas temporadas o play-off polo título quedando no final de liga entre os oito mellores equipos.

"Xogar en Europa sería un salto de calidade", afirmou o presidente.

Universitario de Ferrol tivo esa oportunidade hai tres temporadas, pero a falta de financiamento impediuno.

Será o segundo equipo galego do baloncesto feminino en participar en competición europea despois do Celta Baloncesto.

Noticias web

01/06/2021