O Ensino refórzase con Vega Gimeno, unha fichaxe de calidade
Publicado o 02/06/2020 16:45
O Maquinaria Durán ficha a Vega Gimeno, ala-pivote de vinte e nove anos que procede do Zaragoza. Antes xogou en Bembibre e no Rivas, co que gañou varios títulos.
É internacional en categorías inferiores e especialista no tres por tres. Nos europeos de Bakú de hai tres anos logrou a medalla de bronce.