O Ensino prepara os cuartos da Copa ante o Perfumerías
Publicado o 02/03/2021 16:41
Acaba de facer 19 anos da última final da Copa da Raíña disputada polo Ensino.
Daquela perdeu a final ante o poderoso Ros Casares de Valencia. Neste 2021, as luguesas teñen outro duro rival nos cuartos de final, o Perfumerías Avenida, campión das últimas catro edicións.
Este xoves en Valencia repítese o duelo da temporada pasada. A dificultade é evidente, pero non deben confiarse as salmantinas, o Ensino non ten nada que perder e si moito que gañar.