CRTVG

Buscar

O Ensino, minguado polas lesións, cae con claridade na pista do Cadí la Seu

Publicado o 10/10/2021 09:59

Na liga feminina, o Durán Maquinaria Ensino apañou a segunda derrota consecutiva. Caeu con claridade, por 21 puntos de diferenza, na pista do Cadí La Seu. O equipo lucense comezou ben, mandando no primeiro cuarto, pero foi vítima da súa precaria condición física. Con catro lesionadas e unha rotación de só oito xogadoras, viuse superado por un rival moito máis enteiro. O Ensino queda con dúas vitorias en catro partidos.

Noticias web

10/10/2021