CRTVG

Buscar

O Ensino medirase nos cuartos de final da copa co Perfumerías Avenida de Salamanca

Publicado o 18/02/2021 20:53

Duro adversario para o Durán Maquinaria Ensino nos cuartos de final da Copa da Raíña. O equipo que dirixe Carlos Cantero vaise enfrontar como o ano pasado ao Avenida de Salamanca. Será o xoves día catro de marzo. Se gaña enfrontaríase en semifinais ao vencedor do Xirona-Estudantes.
A Copa da Raíña deste 2021 celébrase en Valencia.

Noticias web

18/02/2021