CRTVG

Buscar

O Ensino Lugo perde ante o Movistar Estudiantes por 56 a 73

Publicado o 22/12/2020 22:18

Baloncesto. No partido da liga feminina desta tarde, o Ensino Lugo nada puido facer contra o Movistar Estudiantes. Foi ao descanso cun marcador moi desfavorable, 21 abaixo. Aínda que as lucenses reaccionaron no último cuarto e chegaron poñerse a once, non foi suficiente e xa non foron quen de remontar. Resultado final 56 a 73.

O equipo madrileño, malia ser un acabado de ascender, é a revelación do campionato. O Ensino mantense na metade da táboa.

Noticias web

22/12/2020