CRTVG

Buscar

O Ensino completa unha brillante semana derrotando o Leganés

Publicado o 02/10/2021 22:33

Segunda vitoria na Liga en dous partidos para un Ensino que acaba de clasificarse esta mesma semana para competicións europeas.

As lucenses superaron o recentemente ascendido Leganés por 64-53, logo de chegar ao descanso cun axustado 30-29.

Con todo, un parcial de 15-5 no terceiro cuarto, decantou o encontro do lado galego que se acabou impoñendo con comodidade grazas ao acerto de Helena Oma, con 18 puntos, máxima anotadora do encontro.

 

Noticias web

02/10/2021