CRTVG

Buscar

O Ensino clasifícase para a Copa da Raíña

Publicado o 22/12/2019 13:49

Gañou na pista do Bembibre por 12 puntos

Dependía de si mesmo e o non deixou pasar a oportunidade. O Durán Maquinaria Ensino fíxose co último oco que quedaba para a próxima edición da Copa da Raíña. Tivo que traballalo na pista do Bembibre, pois o equipo leonés mandaba ao descanso por sete puntos de diferenza.

Pero a reacción lucense foi implacable. Parcial de 2-19 para modificar radicalmente a decoración do partido. A sueca Kalis Loyd liderou con 16 puntos ao equipo ensinista que nos último cuarto exhibiu a súa mellor defensa. Permitiulle anotar só cinco puntos ao rival e con ese excelente traballo asegurou vitoria e pasaporte para a Copa que se disputará o vindeiro mes de marzo en Salamanca.

Noticias web

22/12/2019