CRTVG

Buscar

O Ensino cae por sorpresa ante o Bembibre 65-68

Publicado o 11/02/2021 21:59

O Durán Maquinaria Ensino non puido sumar a súa cuarta vitoria consecutiva e esta tarde caeu ante o Bembibre por 68 a 65. Derrota na casa do penúltimo clasificado. Logo de 3 vitorias consecutivas as xogadoras de Carlos Cantero non estiveron ao seu nivel ante o rival máis inesperado. Un Bembibre que no terceiro cuarto chegou a ter vantaxes de 9 puntos. As luguesas puideron reaccionar e achegarse outra vez, pero nas últimas posesións faltoulles o acerto para levaren o partido.

Noticias web

11/02/2021