CRTVG

Buscar

O Ensino cae na casa ante o Valencia 52-77

Publicado o 22/03/2021 21:34

Baloncesto. O Durán Maquinaria Ensino caeu na casa diante do Valencia Basquet. As luguesas aguantaron durante os primeiros 20 minutos ante un dos mellores equipos da competición. De feito, marcharon ao descanso por diante no tanteador 34-31. Pero na segunda metade as valencianas amosaron a súa superioridade dende o comezo.

Apertaron en defensa e deixaron o Ensino en só 18 puntos en 20 minutos e seguiron amosándose moi efectivas en ataque ata os 25 puntos de diferenza cos que rematou o partido.

Noticias web

22/03/2021