CRTVG

Buscar

O Ensino busca a sopresa diante do Perfumerías Avenida na estrea ligueira

Publicado o 19/09/2020 13:36

Carlos Cantero. Adestrador do Durán Maquinaria Ensino. "O positivo de xogar agora é que non teñen o equipo completo, fáltanlles dúas xogadoras, aínda así, o equipo que teñen é un equipazo, demostrárono a fin de semana gañando a Supercopa e por ese motivo, non está mal enfrontarse no primeiro partido, sérvenos de preparación para futuros encontros."

Laura Aliaga. Durán Maquinaria Ensino. "Que che toque un Perfumerías sempre vai ser difícil tanto o primeiro partido como na terceira semana, é verdade que nós xogamos na casa que o ano pasado deusenos moi ben, que é unha vantaxe que temos e que a elas faltánlles algunhas xogadoras moi importantes."

Aleksandra Stanacev. Durán Maquinaria Ensino. "Está ben empezar así cun equipo grande, ao que podemos sorprender aquí e gañarlle. Coma o ano pasado."

Noticias web

19/09/2020