CRTVG

Buscar

O Ensino afronta o seu partido da Eurocup con só cinco xogadoras

Publicado o 19/10/2021 20:24
O Ensino afronta o seu partido da Eurocup con só cinco xogadoras

Con só cinco xogadoras profesionais afrontará o xoves o Ensino o partido da Eurocup. Aínda así, a FIBA non permite adiar o encontro. Miguel Ángel Ortega só dispón do quinteto inical. O resto do primeiro equipo está mancado, 6 xogadoras. O que si lle permitiu a FIBA foi a inscrición de dúas júniors, Eva Pardo e Paula Hoyuelos.

O partido contra o Mechelen belga é este xoves no Pazo. Segunda xornada da Eurocup. O que trata de aprazar agora o club lugués é o compromiso de liga da fin de semana en Tenerife.

Noticias web

19/10/2021