CRTVG

Buscar

O enlace do polígono de San Cibrao coa A-52 estará rematado no 2020

Publicado o 07/08/2019 14:06

O enlace do polígono de San Cibrao coa autovía das Rías Baixas estará operativo a mediados do ano que vén.

Díxoo Ethel Vázquez hoxe na súa visita ás obras, durante a que sinalou que este proxecto suporá un impulso ao sector económico de toda a área á que lle vai dar servizo esta saída da A-52.

Este proxecto supón un investimento da Xunta de 22 millóns de euros.

Noticias web

07/08/2019