No encontro Falemos da escola de Ourense os novos toman nota dos maiores
Moito cambiaron as ferramentas e os métodos educativos dende os anos 60. E para iso é este encontro interxeracional Falemos da escola, organizado pola Afundación.
Unha vintena de escolares do colexio Padre Feijóo de Ourense puideron compartir cun grupo de maiores experiencias e reflexións sobre como era a escola de antes e como é agora. Este encontro interxeracional Falemos da escola é un proxecto que está a levar a cabo en centros educativos de toda Galicia a Obra Social de Abanca. O oxbectivo é fomentar a interrelación social entre pequenos e maiores.
Os escolares do colexio Padre Feijóo de Ourense comparten experiencias cos maiores e reflexionan sobre o papel da educación.
Todos valoran moi positivamente este encontro e xuntos tamén achegan melloras ao actual sistema educativo.