O empate favorece as opcións de Netanyahu para formar de novo goberno
Publicado o 10/04/2019 19:53

Benjamin Netanyahu negocia xa a formación de Goberno en Israel. Co 98% do escrutinio, o líder do dereitista Likud avantaxa lixeiramente o seu principal rival, Beni Gantz, da coalición de centro esquerda Azul e Branco. Os dous empatan en escanos, pero o actual presidente ten todas as papeletas para gobernar, grazas a un Parlamento onde a dereita é maioritaria.