CRTVG

Buscar

O Emerald Leader abandona o peirao de Rande tras cumprir corentena polo virus

Publicado o 22/05/2021 21:35

O Emerald Leader, un dos buques onde se detectou un gromo de coronavirus entre os seus tripulantes, abandonou na tarde do sábado o peirao de Rande tras cumprir a súa corentena.

As manobras comezaban ás seis da tarde e media hora despois o Emerald Leader cruzaba a ponte de Rande e atravesaba a Ría de Vigo, poñendo rumbo a Valencia. Non parou na terminal de Bouzas como estaba previsto para levar a cabo ese operativo de carga de vehículos.

O motivo parece estar na paralización da planta viguesa Stellantis, antiga PSA. O barco cumpría a corentena este xoves pero nestes días levouse a cabo a desinfección do buque e o cambio de tripulación.

O mercante partiu esta tarde pero 9 dos seus tripulantes seguen recuperándose nun hospital de Vigo, a súa evolución é favorable.

Noticias web

22/05/2021