CRTVG

Buscar

O embaixador estadounidense regresará esta semana a Moscova

Publicado o 22/06/2021 08:44
O embaixador estadounidense regresará esta semana a Moscova

O embaixador dos Estados Unidos en Rusia regresará a Moscova esta mesma semana, segundo anunciou o Departamento de Estado estadounidense. O retorno dos embaixadores a Washington e Moscova é un dos acordos pactados polos presidentes Biden e Putín durante o cumio que celebraron a semana pasada en Xenebra. O embaixador ruso na capital estadounidense reincorporouse este domingo ao seu posto de traballo.

Noticias web

22/06/2021