CRTVG

Buscar

O Elxe non dá opción ao Porriño para rachar a serie de derrotas (32-19)

Publicado o 14/02/2021 12:13

O Elxe non lle deu opción ao Conservas Orbe Rubensa Porriño para que rachase a serie negativa e encadeou a quinta derrota consecutiva diante dun dos equipo importantes da categoría. 

As locais viñan dun longo período de inactividade pola Covid e o Porriño entrou moi metido no partido. Ata o treito final do primeiro tempo aguantou no marcador (12-11) pero un parcial de 5-0 ao final da primeira metade decantou o encontro (17-11 no descanso). 

Á volta dos vestiarios o Elxe conseguiu marchar por riba dos dez goles e aí rematou a historia do partido. A portuguesa Soraia Lopes volveu a ser a máxima goleadora porriñesa con 7 tantos. 

Noticias web

14/02/2021