CRTVG

Buscar

O Eixo Atlántico trasládalle ao presidente de Portugal a necesidade dun tren competitivo con Galicia

Publicado o 30/03/2021 21:25

O Eixo Atlántico pediulle hoxe ao presidente de Portugal que A Coruña quede conectada en tren con Lisboa en menos de 4 horas, e Vigo co Porto en menos dunha. 

Unha delegación de Galicia e do Norte de Portugal viñeron hoxe ata este Palacio de Belén en Lisboa representando usuarios, empresas e tamén os os alcaldes da eurorrexión. Este verán a liña que conecta Vigo co Porto contará con trens máis modernos. É unha vella reivindicación pero esixen que tamén sexan trens máis rápidos.

O Eixo Atlántico transmitiulle ao presidente Marcelo Rebelo de Sousa a importancia de non esquecer a promesa da alta velocidade entre Galicia e Portugal e tamén lle pediron o seu apoio para que os Gobernos implicados invistan nas infraestruturas do Corredor Atlántico para estreitar máis aínda os lazos da eurorrexión.

Noticias web

30/03/2021