CRTVG

Buscar

O Eibar asina a Ander Cantero, chave nas dúas últimas permanencias do Lugo

Publicado o 25/07/2021 14:24
O Eibar asina a Ander Cantero, chave nas dúas últimas permanencias do Lugo

O porteiro Ander Cantero deixa o Club Deportivo Lugo e xogará as vindeiras dúas temporadas no Eibar. O conxunto vasco acordou cos lucenses un traspaso que estará arredor do medio millón de euros. 

Cantero foi unha das pezas chaves na permanencia do cadro lucense as dúas últimas temporadas. Titular indiscutible, o navarro foi un dos xogadores máis destacados do Lugo. Xogou 75 partidos, todos eles como titular.