CRTVG

Buscar

O edificio abandonado que caeu en Vigo tiña un expediente aberto

Publicado o 12/02/2021 17:35

A rúa do Areal de Vigo recupera pouco a pouco a normalidade tras o esboroamento dun edificio da zona. O ximnasio situado ao carón estaba baleiro no momento do accidente. Tamén a beirarrúa, polo que non houbo que lamentar danos persoais. 

A presidenta da asociación de veciños Fonte do Galo, Mercedes García, considera que non é un caso puntual e critica que as administracións non actuasen antes. Segundo explica, o edificio levaba anos nun estado de completo abandono.

O Concello de Vigo urxe os propietarios do inmoble a que tomen as medidas de seguridade precisas e non desbota unha expropiación forzosa se non o fan. Segundo fontes municipais, dende hai dez anos pesaba un expediente sobre o edificio, que a propiedade recorreu e, hai un mes, perdeu nos tribunais.