CRTVG

Buscar

O duque de Edimburgo fai 99 anos

Publicado o 10/06/2020 22:10

Aniversario real e semiconfinado.

O duque de Edimburgo fai 99 anos xunta a súa muller a raíña Isabel II. Non todos os días se está tan cerca dos 100 anos, se cadra por iso se fotografaron nos xardíns do castelo de Windsor, nas aforas de Londres, con motivo de tan sinalada data.

Esta é a primeira vez que se divulga unha instantánea do príncipe Filipe desde que fora hospitalizado o pasado decembro por motivos que non transcenderon. A piques de chegar ao século, son poucos os que poden presumir de ter unha vida tan intensa malia deixar os compromisos oficiais en 2107.







 

Noticias web

10/06/2020