CRTVG

Buscar

O drama de dúas mulleres que lles poñen voz ás vítimas da violencia machista

Publicado o 25/11/2020 14:51

Montse di ter vivido un auténtico inferno. Conta que a súa relación sentimental era normal ata que decidiron ir vivir ao contorno do seu home. 

"Aí comezou o brutal. Meteume no seu mundo", relata.

Conta amais que o maltrato que sufriu non foi só psíquico. 

"Sufrín vexacións e violacións...", di Montse.

Outra muller, que prefiere manterse no anonimato, asegura ter vivido un auténtico calvario durante 20 anos.

"Cando bebe poñíase moi agresivo", recorda esta vítima.

A día de hoxe, ela e mais a súa filla, teñen unha orde de afastamento. Pero conta que hai oito anos, farta do maltrato que sufría, xa interpuxo a correspondente denuncia.

Noticias web

25/11/2020