O doutor galego Alberto García-Basteiro, recoñecido polo seu labor no campo da tuberculose
Publicado o 10/09/2021 16:27

O doutor galego Alberto García-Basteiro, natural de Vilalba, acaba de ser premiado pola Sociedade Europea de Afeccións Respiratorias co galardón á mellor carreira profesional deste 2021. É un recoñecemento aos seus logros científicos e á súa implicacion na loita contra as enfermidades que afectan o sistema respiratorio no campo da tuberculose. García-Basteiro é actualmente investigador do Instituto de Saúde Global de Barcelona e médico do Hospital Clínic de Barcelona, destacado tamén no tratamento da covid.